900 11 21 21

L-V 8:00 - 15:00

A compravenda de vivendas en Galicia incrementouse un 14,6% en maio

A comunidade galega é a que rexistrou maior encarecemento do metro cadrado, un 21,3%, e a segunda onde máis creceron os préstamos, segundo o Centro de Información Estatística do Notariado. 

Noticia Galicia

A compravenda de vivendas en Galicia incrementouse un 14,6% en maio, moi por enriba da media estatal do 3%. Ademais, o prezo do metro cadrado creceu un 21,3%, o que representa o maior encarecemento das 17 comunidades autónomas, segundo os datos do Centro de Información Estatística do Notariado difundidos polo Consello Xeral do Notariado.

A compravenda chegou en maio ás 2.368 unidades, das cales, 1.710 se corresponden con pisos, un 19,2% máis que o mesmo mes de 2023 e 658 unifamiliares, un 4,3% máis. O prezo dos pisos aumentou un 12% ata 1.370 euros por metro cadrado de media e o das vivendas unifamiliares, nun 25,6%, situándose en 826 euros por metro. Segundo a comparativa anual do Colexio Notarial, a concesión de préstamos hipotecarios para a adquisición de vivenda aumentou un 26,4% interanual, fronte ao 9,8% do conxunto de España.

Galicia encabeza o incremento dos prezos

Galicia encabeza o incremento dos prezos das vivendas, cun 21,3%, seguida de Cantabria (11%) e a Comunidade Valenciana (10,1%). Os prezos baixaron en Castela A Mancha (-11,6%), País Vasco (-7,8%), Asturias (-5,7%), Baleares (-5,4%), Murcia (-2,4%) e Extremadura (-1%). 

A superficie media da vivenda foi superior á media Baleares (7,1%), Asturias (6,9%) ou Cantabria (5,6%) mentres que se reduciu en Navarra (-9,2%), Galicia (-8,4%) e Castela e León (-4,4%). 

Crecemento dos préstamos

No mes de maio concedéronse en Galicia 1.053 préstamos hipotecarios para a adquisición de vivenda, cunha contía media de 122.739 euros, un aumento interanual do 12,4%. O 44,5% das compravendas na comunidade galega financiáronse mediante un préstamo hipotecario, porentaxe que alcance o 46,3% no conxunto de España. A contía dos préstamos supuxo de media o 72,2% do prezo fronte ao 71,9% estatal. 

 

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ